Que é?

BIOeCO2 e unha asociación profesional técnica de ámbito forestal e do medio natural.
O nome está composto polas palabras Bioeconomía, ecoloxía e CO2.

O obxectivo principal da asociación é a valorización das actividades e servizos que desenrolan os seus socios no territorio. Así mesmo fomenta un ecosistema de colaboración en materia de innovación e dixitalización na procura novos servizos.

Un segundo obxectivo é visualizar a actividade do propio colectivo ante a sociedade e as diferentes administracións, amosando todo o potencial que esta actividade profesioinal posúe para afondar na loita contra o cambio climático, a descarbonización e o uso de fontes renovables, actividades que están aliñadas cos Obxectivos de Desenrolo Sostible da ONU e da UE.

Scroll

Entidades amigas

Entidades públicas e privadas que dan o seu apoio a nosa asociación e axudan a promover a labor de BIOeCO2 na sociedade y no ecosistema do sector forestal.

Se compartes os valores de Bioeco2 ponte en contacto con nós e forma parte da nosa asociación.

Asóciate