Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Liñas de actuación
Atopámonos ante un cambio de ciclo económico e social, definido pola Axenda para o Desenrolo Sostible das Nacións Unidas, no Pacto Verde Europeo contra o cambio climático e a degradación do medio natural. O traballo dos membros de BIOeCO2, impacta de xeito directo positivamente nestes conceptos a través do desenrolo de accións no territorio, sendo un actor fundamental no novo contexto económico, ambiental e social.
Para poder amplificar os obxectivos de desenrolo sostible, somos conscientes da necesidade de fomentar estratexias comúns que aborden problemáticas de ámbito xeral e precisamos dotar de ferramentas que melloren a posición do colectivo en temas concretos. Con este fin, créanse canais de comunicación e difusión en temáticas de interese e establécese un marco de colaboración entre os distintos socios.
As liñas principais de actuación céntranse en:
Formación
As actividades de formación para os profesionais en Xestión Técnica Forestal buscan ampliar coñecemento en novas tecnoloxías, a innovación e o desenrolo das empresas como actividade clave no Sector Forestal.
Curso de Capacitación Xerencial no sector forestal co Clúster da Biomasa de Galicia 2022
Más información