Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.


Tenzas, Enxeñería e Asesoramento Legal S.L.
Absorción de CO2
Recursos financeiros
Novos servizos innovadores
Divulgación e formación
Sobre nós
- Direción: Rúa Miguel de Cervantes Entr, CP. 27003
- Cidade: Lugo
- Provincia: LUGO
- Teléfono: 673188819
- Email: info@tenzas.es
- Web: https://www.tenzas.es/
Representante: Noemí Ofelia García Saavedra
Tenzas Xestión Forestal é unha empresa que nace no ano 2010 coa vocación de mellorar a Xestión do Monte en Galicia. Nestes doce anos de traballo conseguimos crear unha entidade recoñecida no mundo forestal, na que traballamos e colaboramos con propietarios forestais e con CMVMC, orientándoos á hora de tomar decisións sobre o futuro dos seus montes, dentro dun espectro de sustentabilidade. Somos as xestoras dun grupo de certificación forestal PEFC e FSC no que traballamos con propietarios forestais e con empresas madeireiras, gracias ao cal podemos aportar aos nosos clientes e clientas unha perspectiva global dos traballos a levar adiante nas súas parcelas e o seguimento dos mesmos ata a entrada dos seus produtos forestais no mercado.Contamos cun equipo de traballo multidisciplinar que integra enxeñeiros e enxeñeiras agrícolas, forestais e de montes, unha licenciada en económicas e unha licenciada en dereito, e que está en disposición de facilitar aos nosos clientes e clientas un asesoramento integral. Como non podía ser doutro xeito, estamos moi orgullosas do traballo realizado nos últimos anos e da pequena familia que formamos, gracias á cal recibimos diferentes axudas e premios como o “Son Muller Emprendedora 2021”.En Tenzas Xestión Forestal estamos preparadas para os novos retos que presenta o futuro forestal. Nos próximos meses comezaremos a traballar para poder ampliar os traballos de certificación cara a biomasa forestal, o cal nos axudarán a seguir cun traballo integral co que esperamos conseguir que o sector forestal galego do S.XXI, sexa un sector pioneiro, sostible e que continúe a xerar un futuro repleto de valor engadido para o noso país.
- Certificación forestal FSC e PEFC/
- Xestión integral de Montes Veciñais
- Xestión Integral de TECORES/
- Valoracións e Medicións Traballos de Topografía/
- Redacción de Instrumentos de Xestión/
- Trámites catastrais/
- Deslindes e investigacións de propiedade Herdanzas e outros trámites sucesorios/
- Redacción e revisión de contratos/
- Medición en conflitos de propiedade/
- Trámites ante Confederación Hidrográfica e Augas de Galicia