Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Transparencia
PLATAFORMA INTEGRAL DE COMPRAVENDA DE LOTES DE MADERA – MERCAMADEIRA
(Exp: IN500D-2022-00000031-00)
ORZAMENTO:
Importe total: 84.482,20 €
Importe da axuda concedido (80%) é de: 67.585.76 €
DESCRICIÓN DO PROXECTO:
O obxectivo do proxecto é a creación dunha plataforma web de compravenda de madeira (versión escritorio e móbil). Trátase de crear unha páxina web de poxas con automatización de proceso de presentación e posterior apertura de ofertas.
A plataforma estrutúrase en varios ciclos que se resumen de forma cronolóxica comezando coa toma de datos documentais e de campo polo técnico e implementación no formulario web, a posterior publicación dos lotes, a admisión de ofertas de forma encriptada por parte dos ofertantes, e finalizando a poxa coa adxudicación automatizada e posterior seguemento de execución.
Mercamadeira é unha ferramenta de xestión técnica de compravenda de lotes de madeira en pé que simplifica e axiliza os procesos de venda de madeira mediante un sistema online de publicación dos lotes de madeira.
O sistema permite poxar aos compradores mediante a presentación de ofertas económicas encriptadas e posterior proceso automatizado de apertura e comunicación instantánea aos participantes na poxa, co obxectivo de garantir a transparencia do proceso de venda.
Ver Cartel